Igrexa de San Mamede de Priegue - NIGRÁN (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Mamede de Priegue - NIGRÁN (GALICIA)

Referencia 15538

Rúa don Marcial, 11. Priegue.
36391 NIGRÁN



Web

Data de construción Século XVIII.

Descricion Foi construída no ano 1747, polos mestres canteiros Manuel Sarrapio e Santiago de Pazos. Axustaron a obra a 6.400 reais a capela maior, e 5.900 reais o corpo da igrexa.
Posúe planta de cruz latina.
As capelas laterais con bóvedas de cantería foron construidas a finais do século XVIII.
No século XX engadíuselle un pórtico a tres augas diante da porta principal na fachada occidental. Ésta preséntase apilastrada nos extremos e con pináculos no borde do tellado.
A porta principal é acincelada e por riba ten unha cornisa en pilastras, na que se adorna con dúas pilastras pequenas a modo de pináculos con remate en esfera. No centro hai una hornacina pequena co Patrón en pedra. Ten venera e moldura.
No centro da fachada, sobre moldura volada, está a espadana de dous corpos. O inferior con dous ocos de medio punto, con molduras e pilastras. O superior dun so oco con frontón triangular, pináculos e cruz pétrea de remate.
O retablo maior cubre todo o paramento da ábsida.
O corpo está formado por tres rúas e un ático semicircular: sobre unhas gradas, e independiente, está o Sagrario, coa porta tallada cunha Custodia por riba dun cúmulo de nubes, e adornado con cornisas e columnas laterais. Na última das gradas preséntase o expositor de dous corpos, o primeiro para a exposición do Santísimo e o segundo para a colocación dunha imaxe. Este expositor está sostido por estípites e remata en arco trilobulado.
O entablamiento superior é mixtilíneo e polidireccional. Un rebanco adornado con dous anxos fan apoio á hornacina superior que da continuidade á rúa central. Ten cúpula e dous pares de estípites e un de pilastras para sostela. Ademáis do retablo maior ten outros catro. Dous na nave e outros dous nas capelas laterais.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 05-05-2026

3 Fotos

Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET [https://patrimoniogalego.net/index.php/21566/2012/06/igrexa-parroquial-de-san-mamede-de-priegue/] (27-06-2012)
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (03-05-2026)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorFERNÁNDEZ PELLÓN (GALICIA)186675.00244
    EspadanaSagrado Corazón de JesúsDE LINARES ORTIZ, CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO)192595.00496