Igrexa de San Bartolomeu de Baldriz - CUALEDRO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Bartolomeu de Baldriz - CUALEDRO (GALICIA)

Referencia 15534

Lugar de Baldriz, s/n.
32680 CUALEDRO



Descricion Templo parroquial de nave única construído no século XVIII que, historicamente, estivo vinculado co Priorado de Atás. A orixe do topónimo está, segundo E. Bascuas, nun nome de orixe xermánica: Vila Balderici.
A igrexa presenta un presbiterio elevado e muros de cantaría perfectamente labrados e escuadrados. A fachada está rematada en altura por unha espadana de dúas campás flanqueada por pináculos. Está situada no centro do núcleo, á beira da rúa principal.
A fachada flanqueada por dúas pilastras de sección cadrada rematadas en pináculos moi estilizados, cunha porta baixo lintel e reloxo moderno. A espadana é de dous corpos, o primeiro de dous vans, e o segundo dun único oco. Remata en altura o conxunto unha cruz latina de pedra sobre unha pequena peaña, franqueada por dous pinchos. O altar ten unha fiestra rectangular que lle dá luz á traseira.

Campás 2 campás.

Autor
  • www.cualedro.es [https://www.cualedro.es/patrimonio/igrexa-baldriz.html] (03-05-2025)
  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (01-05-2026)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 03-05-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorANÓNIMO (GALICIA)180441.0040
    EspadanaMaiorANÓNIMO (GALICIA)189245.5055