Inventario de campás
Igrexa de Santa Comba da Órrea - RIOTORTO (GALICIA)
Referencia 15532
Lugar da Eirexa, s/n.
27744 RIOTORTO
Referencia 15532
Lugar da Eirexa, s/n.
27744 RIOTORTO


Descricion Esta igrexa foi restaurada a mediados do século XIX. Ten unha nave de planta rectangular, coa capela maior cadrada. Ao lado esquerdo está pegada a sancristía, de planta rectangular. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito e a cuberta a dous e catro augas a base de laxes de lousa. O pavimento é tamén a base de lousas de granito e lousa. Separa a capela maior da nave un arco triunfal de medio punto de corte clásico. A portada, alintelada ten un cabido de planta cadrada a dúas augas. Nun dos laterais do frontis hai unha sinxela espadana de dous vans, cunhas escaleiras laterais polo exterior para acceder a elas. No interior consérvanse varios retablos. O da capela maior é de estilo Rococó, mentres que os das dúas capelas laterais son de estilo Barroco. Na sancristía consérvase un retablo de pequeno tamaño.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 02-05-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878) | 1857 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO) | 1883 | 60.00 | 125 |