Igrexa de Santiago de Cedrón - LÁNCARA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santiago de Cedrón - LÁNCARA (GALICIA)

Referencia 15507

Lugar da Eirexe, s/n.
27692 LÁNCARA



Web

Descricion Arrodeada dunha ampla cerca, a Igrexa de Santiago de Cedrón ten un gran cabido protector na súa entrada que dá paso ao cemiterio. De estilo barroco-renacentista, presenta planta de cruz latina, con dúas capelas laterais. É de grande amplitude, salientando a esvelta cúpula con lanterna de seis ventanais. Sufriu importantes reformas no frontis no ano 1917. No interior destaca o retablo maior, renacentista, do século XVIII. Sobre o muro érguense varias cruces que forman parte dun viacrucis.

Campás 3 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 26-04-2026

3 Fotos

Autor
  • MOURE, Xabier (Patrimoniogalego.net) [https://patrimoniogalego.net/index.php/40733/2013/04/igrexa-de-santiago-de-cedron/] (21-04-2013)
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-04-2026)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorBLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)186045.0053
    EspadanaMedianaBLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)186060.00125
    EspadanaMaiorBLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)192865.00159