Inventario de campás
Igrexa da Santa Cruz en San Cibrao - OÍMBRA (GALICIA)
Referencia 15441
Rúa do Campo, 4, San Cibrao.
32613 OÍMBRA
Referencia 15441
Rúa do Campo, 4, San Cibrao.
32613 OÍMBRA


Data de construción Século XVII.
Descricion Igrexa do século XVII cunha nave rectangular con cuberta de tella cerámica a dúas augas sobre muros de sillería ben escadrada. No muro sur ten adherida unha sancristía a unha soa auga. Na traseira ten, fragmentada, unha inscrición barroca de quen mandou facer a igrexa. A fachada ten unha porta con arco de medio punto, un óculo a media altura, e remata nunha espadana de dous ocos, cun frontón triangular cun óculo e cruz de ferro.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 01-04-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | CARESA S. L. | 2003 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | BLANCO SERNA, JOSÉ | 1807 | 55.00 | 96 |