Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Oimbra - OÍMBRA (GALICIA)
Referencia 15440
Camiño da Pôrbaila, 26.
32613 OÍMBRA
Referencia 15440
Camiño da Pôrbaila, 26.
32613 OÍMBRA


Data de construción Século XVI.
Descricion Igrexa do século XVI cunha capela lateral, encargada polos condes de Monterrei. A parede norte conserva intactos uns cantos canzorros románicos moi interesantes, e as escadas que hai a carón da entrada, pois a igrexa está na ladeira moi empinada dun castro, son de gran interés artístico. Ten unha nave rectangular con presbiterio máis alto e ancho que a nave. A cuberta é de tella cerámica a dúas augas, catro no presbiterio, e tres na capela lateral (capela dos condes) do muro sur, posterior á propia construción. A capela ten nas esquinas pilastras a modo de contrafortes rematadas en esbeltos pináculos, igual que as catro esquinas do presbiterio. A fachada ten unha porta que foi de arco apuntado, pero engadiúselle unha lumieira e agora está alintelada. Ten a media altura un lucernario rectangular e remata nunha espadana de dous ocos coroada cunha cruz de pedra e dous pináculos.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 01-04-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | RUIZ | 1895 | 52.00 | 81 |
| Espadana | Maior. | ANÓNIMO (GALICIA) | 1796 | 65.00 | 159 |