Capela de San Campio de A Ramallosa. - NIGRÁN (GALICIA)

Inventario de campás

Capela de San Campio de A Ramallosa. - NIGRÁN (GALICIA)

Referencia 15431

Paseo Torrente Ballester, 4.
36370 NIGRÁN



Web

Data de construción Século XIX.

Descricion A Capela de San Campio é unha sobria obra de estilo neoclásico, erixida durante a primeira metade do século XIX. Dividida en 3 corpos: a nave principal, o presbiterio e a sancristía. A cuberta é unha sinxela estructura de madeira a dúas augas, na nave principal, e de catro no presbiterio. Da fachada principal destaca a súa sinxela espadana e, na sur, un magnífico mural de azulexos onde se observa a figura de San Telmo, rememorando a súa presenza nestas terras. O presbiterio, separado da nave por un amplo arco triunfal de medio punto sustentado en senllas pilastras, acolle un sinxelo retablo de inspiración barroca.
O emprazamento actual da capela non é o orixinal, xa que sufriu varios traslados. En 1865 tívose que trasladar pola construción da estrada que conducía a Vigo. No 1925 volveuse mover, á súa posición actual, con motivo da construción do tranvía.

Campás 1 campá.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 26-03-2026

2 Fotos

Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET [https://patrimoniogalego.net/index.php/28844/2012/11/capela-de-san-campio/] (18-11-2012)
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-03-2026)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.ANÓNIMO (GALICIA)183940.0037