Inventario de campás
Igrexa de San Pedro de Matamá - VIGO (GALICIA)
Referencia 15366
Rúa dos Canteiros, 95.
36213 VIGO
Referencia 15366
Rúa dos Canteiros, 95.
36213 VIGO


Descricion Templo de planta rectangular con ábsida máis elevada que a nave que presenta cuberta a dúas e catro augas respectivamente. É de estilo neoclásico e foi construída no século XVIII. O elemento máis destacado do edificio é a fachada, de crestería calada que se dispón sobre os aleiros. Xunto a este elemento sobrancea a cuberta vidrada en cobre do campanario.
O resto da fachada dispón dunha porta de acceso central, situada no eixo da composición. Sobre ela un fornelo que acolle unha figura sacral flanqueada por volutas e ocelos calados en forma de cruz. O edificio remátase en altura por medio dun campanario de planta cuadrangular de dous corpos, o inferior balconado.
No seu campanario destaca tamén a colocación de fragmentos cerámicos vidrados e coloreados en verde de orientación vertical e horizontal.
No interior da igrexa atópase un retablo que pertenceu á Colexiata de Santa María de Vigo.
No ano 1913 un raio derrubou o campanario. As obras para a súa reconstrución duraron ata o ano 1915.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 04-03-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | ANÓNIMO (GALICIA) | 2001 | 88.00 | 395 |
| Torre-campanario | Mediana. | SILVA SANTOS, SIMÃO ANTÓNIO | 1875 | 90.00 | 422 |
| Torre-campanario | Maior. | FELICIANO | 1870 | 102.00 | 614 |