Inventario de campás

Igrexa de San Martiño de Riobó - CABANA DE BERGANTIÑOS (GALICIA)

(Referencia: 15209)
Lugar de Riobó, s/n.
15149 CABANA DE BERGANTIÑOS

Data de construción Séculos XII - XVIII.
Descricion Esta capela era independente da parroquia, ata que, ante a imposibilidade de prestarlle atención de modo conveniente, pasou a formar parte da mesma, e foi atendida polo párroco de Riobó. No mesmo lugar onde está asentada existiu, anteriormente, un mosteiro; na actualidade, o retablo que posúe, de características barrocas, é unha copia daquel primeiro que existía no mosteiro.
Esta construción é un máis dos claros exemplos da arquitectura popular, de carácter relixioso, que se encontran en Cabana, de aí a súa gran similitude con outros templos enclavados no concello. Posúe unha planta de salón formada por unha capela maior cuadrangular e unha nave rectangular. Apegada ó muro norte da ábsida encóntrase a sancristía, rectangular. No muro sur ábrese unha pequena xanela rectangular e unha porta alintelada. Tanto a nave como a ábsida cóbrense cun ceo raso de madeira. A estrutura da cuberta é a dúas augas, con tella curva do país.
A fachada principal, de extremada sinxeleza e sobriedade presenta as constantes deste tipo de edificación no concello: porta principal, rectangular, sobre a que se abre un pequeno oco que proporciona unha tenue luminosidade ó interior e, como remate, unha espadana de dous ocos, rematada en pináculos, e na que se sitúan as campás.
A fachada e a sancristía datan do século XVIII e XIX. O resto do templo seria do século XII ou principios do século XIII.
Campás 2 campás.
Autor
  • SORALUCE BLOND, J.R.- FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X. “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña. (1998)
  • PXOM de Cabana de Bergantiños (09-06-1999)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-01-2026)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 13-01-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19305072
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)193065159

  • Ficha reducida (PDF)
  • CABANA DE BERGANTIÑOS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 14-05-2026

    Connectats: 102 Visitants: 102 Usuaris: 0