Inventario de campás
Igrexa de San Xoán de Trasmiras. - TRASMIRAS (GALICIA)
Referencia 15093
Lugar da Igrexa, 39.
32695 TRASMIRAS
Referencia 15093
Lugar da Igrexa, 39.
32695 TRASMIRAS


Descricion Bonito templo nas aforas da poboación que conserva nos laterais boa parte dos canzorros orixinais da época románica, aínda que o resto do templo está reformado no século XVIII. O presbiterio é novo, un chisco máis ancho que a nave a dúas augas. Adherida ao sur do presbiterio está a sancristía. E a fachada, tal e como lle pasa tamén a cercana igrexa de Santa Baia, ten un aire arcaico aínda que reformada: unha porta arquitrabada debaixo dunha enorme espadana con dous corpos, un cadrado con dous ocos grandes, e outro triangular cun óculo e rematado nunha cruz de pedra.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 07-12-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | LINARES, HIJOS DE CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO) | 1944 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | LINARES, HIJOS DE CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO) | 1944 | 60.00 | 125 |