Igrexa de Santiago de Bembibre. - VIGO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santiago de Bembibre. - VIGO (GALICIA)

Referencia 15090

Rúa da Igrexa, 22. Mosteiro.
36313 VIGO



Web

Data de construción Século XII-XIII.

Descricion Igrexa de estilo románico de transición construida hacia finais do século XII-principios do XIII.
Consta dunha soa nave e ábsida decagonal, de forma semicircular por dentro e pentagonal por fora. A nave está dividida en tramos por dous arcos transversais apoiados sobre semicolumnas adosadas. O arco triunfal é de directriz apuntada ao igual que o secundario e ambos apoian sobre semicolumnas. O presbiterio cúbrese con bóveda de canón mentras o polígono no que termina a ábsida o fai con bóveda de cascarón.
O templo posúe 2 portas laterais (unha de elas tapiada) e unha na fachada principal, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas acodilladas nas xambas. A meridional é adintelada e nela destacan os restos dunha figura gravada na pedra onde se representa un animal enredandonse sobre unhas ramas. A septentrional atópase sobre una portada ben elaborada gardada por dúas columnas lisas e engalanadas con dous capiteles, un de ramas entrelazadas e outra con follas en forma de espiral. Estas sosteñen un arco apuntado dunha reforma gótica. Sen embargo aínda se poden apreciar os pequenos bloques adosados en época posterior que utilizaron para formar os arcos apuntados. A porta principal está formada por dous pares de columnas, as do exterior lisas e as interiores son entorchadas con capiteis de figuras animais e vegetais.

Tamén conserva un variado repertorio de canzorros que representan figuras antropomorfas e vegetais. Entre algúns dos canzorros se aprecian hexafolios dentro dun círculo con botón central.

No interior podemos ver 3 tramos divididos por semicolumnas adosadas con capiteis vexetais, fuste liso y basa de perfil ático, un arco triunfal apuntado rodeado de arquivoltas decoradas con rosetas e follas lanceoladas. O tramo recto está cuberto por unha bóveda de medio canón lixeiramente apuntada, mentras que a ábsida posúe bóveda de cuarto de esfera.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 04-12-2025

3 Fotos

Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET [https://patrimoniogalego.net/index.php/56202/2014/02/igrexa-parroquial-de-santiago-de-bembrive/] (18-02-2014)
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (02-12-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.PELLÓN (SAN BREIXO DE ARCOS)184665.00159
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)194090.00422