Inventario de campás
Igrexa de San Xoán de Barrán - PIÑOR (GALICIA)
Referencia 15058
Lugar de Barrán, s/n.
32137 PIÑOR
Referencia 15058
Lugar de Barrán, s/n.
32137 PIÑOR

Descricion É unha igrexa de nave única, sendo salientable a súa fachada de porta adintelada con pináculos aos lados sostida por pilastras. Sobre a porta, un gran óculo chea de luz o interior. A fachada está terminada por unha espadana dobre con balaustrada.
A interior conta cun retábulo barroco de tres cales separadas por columnas salomónicas de decoración vexetal no cal destacan as imaxes de S. Roque, S. Antonio e S. Francisco, contando tamén divesos obxectos de prata: un cáliz, unha custodia e un incensario, todos do século XVIII, unha cruz parroquial barroca e un copón do século XIX. A data da que se ten referencia da súa construción é do ano 1226.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 19-11-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | TABOADA CAMPOS, PLÁCIDO | 1952 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | ANÓNIMO (GALICIA) | 1817 | 70.00 | 199 |