
| | Descricion |
A esta igrexa chégase atravesando un pequeno núcleo cuxo último tramo debe facerse a pé dado o estreito que é o paso. Esta circunstancia achégalle un valor engadido á igrexa, á cal se chega deixando o núcleo á dereita e un espectacular contorno natural, á esquerda.
A igrexa é de planta rectangular dunha nave e ábsida destacada en altura con cuberta a catro augas. A sancristía está acaroada á cabeceira. A fachada ten unha portada alintelada, van central rectangular e unha espadana central dun hoco adornada con pináculos e unha cruz central. O seu adro está rodeado de muro e no seu interior tamén está o cemiterio. Un cruceiro sitúase na porta de entrada. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| Autordozonturismo.gal [https://dozonturismo.gal/igrexa-de-vilarello/] (2025) MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-11-2025) |
|