Inventario de campás
Igrexa de Santiago de Saa - DOZÓN (GALICIA)
Referencia 15036
Lugar de Saa, s/n.
36516 DOZÓN
Referencia 15036
Lugar de Saa, s/n.
36516 DOZÓN

Descricion É unha igrexa pequena que se sitúa ó final dunha gran explanada e levemente escondida por un gran árbol e o seu muro de peche, que lle aporta certa intimidade. Ese muro ten adousado un pequeno cementerio que continúa pola parte traseira da igrexa, cinguíndoa por completo.
A igrexa ten unha soa nave e ábsida destacada en altura cuberta a catro augas e adornado con pináculos. Ten capelas laterais e sancristía adousada.
A fachada está flanqueada por pilastras que rematan en pináculos de bóla; a porta é alintelada e recercada cunha moldura con gran realce, biselada e sen decoración. Destaca a súa espadana dobre rematada por un frontón triangular cun arco de medio punto. Na base ollamos decoración de placas barrocas.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 16-11-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | RUIZ | 55.00 | 96 | |
| Espadana | Maior. | BLANCO FERNÁNDEZ, JENARO | 1887 | 60.00 | 125 |