Inventario de campás
Igrexa de San Xoán de Guntimil - XINZO DE LIMIA (GALICIA)
Referencia 15008
Lugar de Guntimil, 57.
32635 XINZO DE LIMIA
Referencia 15008
Lugar de Guntimil, 57.
32635 XINZO DE LIMIA

Descricion Aínda que non chama tanto a atención como outras, a igrexa de Guntimil conserva a maior parte do seu pasado románico, aínda que sexa humilde en comparación con outras. A estrutura dunha soa nave a tres augas e un prsbiterio máis curto, baixo e ancho que a nave, tamén a tres augas, é claramente medieval. Ademais conserva tamén boa parte dos canzorros orixinais e a gran porta de entrada, arqutrabada e con tímpano, e apoiada nun par de columnas moi bonitas. Xa é un elemento moderno a espadana, de dous corpos, un cadrangular con dous ocos, moldurada e rematada nunha cornixa que dá paso a un corpo triangular cun óculo, franqueado por dous pináculos e coroado por unha cruz de pedra.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 04-11-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | ANÓNIMO (GALICIA) | 1851 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS) | 1929 | 60.00 | 125 |