Inventario de campás
Capela da Virxe dos Liñares. - VIGO (GALICIA)
Referencia 14979
Lugar de Canido. Camiño dos Liñares, 7. San Miguel de Oia.
36390 VIGO
Referencia 14979
Lugar de Canido. Camiño dos Liñares, 7. San Miguel de Oia.
36390 VIGO


Descricion Capela de nave rectangular. Posúe unha ábsida estreita en relación á súa planta para gañar en altura concretándose o seu remate por medio dunha cuberta a catro augas flanqueadas por outros tantos pináculos rematados en bola. Adosado ao altar maior, un pequeno edificio de planta terrea con cuberta a dúas augas, pilastras angulares e paramentos recebados e encalados, ao igual que o resto do inmoble.
Os muros laterais da nave alternan contrafortes e ventanais alongados que deixan espazo a unha porta de acceso lateral coroada por un óculo enmarcado nunha cruz grega.
A súa fachada, de estilo barroquizante, conta cun soportal a tres augas apoiado en dúas columnas. Sobre el, de novo a mesma tipoloxía de óculo precedendo en altura a unha espadana de dúas alturas e deseño neoclásico.
A capela foi ampliada no ano 1951 baixo o deseño do arquitecto Antonio Comingues.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-10-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | PELLÓN (SAN BREIXO DE ARCOS) | 1814 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | FERNÁNDEZ PELLÓN (GALICIA) | 1876 | 75.00 | 244 |