

| | Data de construción |
Século XIX. |
|---|
| Descricion |
O Santuario de Amil érguese nun pequeno outeiro ao que se accede a través dunha grande escalinata de dobre rampla realizada en 1948 segundo o proxecto de Robustiano Fernández Cochón. Baixo a ampla escaleira se sitúa unha fonte dedicada á Virxe dos Milagres, mandada facer por un labrego, Sebastián Castro, en 1778.
O templo, de cantaría, constrúese no século XIX segundo o proxecto do canteiro Manuel García Martínez. Como elemento diferenciador posúe planta octogonal. A fachada principal está presidida pola porta de acceso e unha fiestra, ambas enmarcadas nun pórtico entre dúas columnas. Este lenzo remátase cun frontón triangular, no que se sitúa o reloxo, e coróase cunha torre campanario de dobre corpo.
O máis destacado deste santuario é a importante e coñecidísima romaría que se celebra no mes de setembro e a que acoden miles de fieis. As misas comezan desde as 6 da madrugada, e as dúas da tarde sae a procesión da Virxe dos Milagres. Resulta moi curioso a inmensa cantidade de doazóns que se fan, sendo típico ver fotos da Virxe cuberta cun manto feito de billetes, aínda que tamén se doan animais e outros materiais. |
|---|
| Campás |
4 campás. |
|---|
| AutorXandlinathry (Patrimoniogalego.net) (04-11-2011) TÚÑEZ TANOIRA; Pedro Daniel & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-09-2025) |
|