

| | Data de construción |
Século XIII. |
|---|
| Descricion |
Edificio de planta rectangular e unha soa nave rectangular, rematándose nunha ábsida semicircular simple. Os muros amosan un grosor considerable a causa do dobre paramento de perplaño, unha tipoloxia de lenzo que só permite a apertura de pequenos vans en forma de ventás saeteiras.
As cubertas resólvense cunha estrutura de madeira sobre a que repousa a tella do país, aparecendo os abovedamentos únicamente nas ábsidas. 0 aspecto exterior será, en palabras de l.L Mateo, "de gran compacticidade e austendade, a penas lachadas polas pequenas saeteiras abertas nos lenzos de muro, e as representacións escultóricas desenvolvidas nos canzorros dos aleiros, nos arcos das ventás e nas portadas de acceso".
0 principal repertorio iconográfico (imaxes sacras, repertorio ornamental xeométrico, vexetal...) aparecerá na portada principal, condensando mensaxes litúrxicas que guien a moral do pobo do momento.
Esta igrexa está considerada como a mellor mostra da arte románica do concello de Vigo. Na súa orixe pertenceu á encomenda de Beade da Orde de San Xoán de Malta, Conserva perfectamente a sua primitiva fábrica romanica que está datada nos primeiros anos do século XIII, segundo reza unha inscrición, aparecendo a data do ano, 1216, pero sin facer referencia a súa fundación, construción ou consagración. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorPXOM de Vigo [https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/VIGO/documents/26620ca017.pdf (Páx. 7).] (16-05-2008) CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (20-09-2025) arteviajero.com [https://arteviajero.com/articulos/iglesia-santa-maria-castrelos/] (28-09-2025) |
|