Igrexa de Santiago de Boebre - PONTEDEUME (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santiago de Boebre - PONTEDEUME (GALICIA)

Referencia 14935

Lugar de Boebre, 61.
15607 PONTEDEUME


Web

Data de construción Século XVIII.

Descricion Templo parroquial datable do século XVIII que presenta planta rectangular, como recordan Soraluce Blond e Fernández Fernández (1997) "con dous corpos apegados aos seus muros meridiona e setentrional, que funcionan como pequena capela e sancristía. Os seus muros son de carga, cunha cuberta a diferentes augas -segundo os corpos- e cubrición de tella curva. Interiormente a nave presenta unha estrutura aérea feita a base de cimbros de madeira. Aos pés deste sitúase un coro alto, realizado mediante un forxado de madeira. O espazo correspondente ao presbiterio posue maior altura ca a do resto do conxunto, o que remarca a permanente búsca do efectismo tan característico do barroco. A ornaamentación é moi sinxela, podéndose destacar a sobriedade dos elementos que compoñen o seu conxunto.
Cara o exterior o edificio presenta un rico xogo de volumes que provén das diferencias existentes de cada un dos corpos da que a compoñen. Os muros están revestidos e pintados de branco, agás os esquinais e recercados de ocos, que posúen pedra á vista. A decoración concéntrase na fachada principal, que culmina nunha espadana rematada en pináculos".

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 16-09-2025

1 Foto

Autor
  • PXOM de Pontedeune [https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEDEUME/documents/28003ca004.pdf] (27-05-2016)
  • MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-09-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)201350.0072
    EspadanaMaior.BLANCO, EMILIO (XUBIA)186965.00159