Igrexa de San Tomé de Bemantes - MIÑO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Tomé de Bemantes - MIÑO (GALICIA)

Referencia 14934

Lugar do Adro, 1.
15635 MIÑO


Web

Descricion Pequena igrexa barroca no concello de Miño. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cun coro alto aos pés. O paso da nave ao presbiterio faise a través dun arco triunfal. Os seus muros indican diferentes etapas de construción. O interior é austero, nel destaca a pila bautismal de estilo románico, situada aos pés do arco triunfal. Nos muros laterais ábrense tres arcos góticos e unha porta rematada nun arco de medio punto, ao lado da cal se atopa un sarcófago antropomorfo do século XII. O exterior concentra a decoración na fachada principal, que foi remodelada no século XVIII segundo canons barrocos. Sobresae a espadaña de dous corpos, o primeiro composto por tres machóns que dan lugar aos ocos onde se sitúan as campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 15-09-2025

1 Foto

Autor
  • MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-09-2025)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (15-09-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.BLANCO LÓPEZ, JOSÉ ANTONIO (MONDOÑEDO)191050.0072
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)192360.00125