Inventario de campás

Capela de San Xiao dos Ósos - MOECHE (GALICIA)

(Referencia: 14852)
Lugar de San Xiao de Arriba, s/n. Labacengos (Santa María).
15564 MOECHE

Descricion Pequena capela de longa tradición, que testemuña a existencia dun vello camiño a San Andrés, agora en desuso. Exteriormente debemos falar dunha sobriedade imposta pola pobre obra de mantemento de 1973, na que desapareceron practicamente todos os ornamentos exteriores, a excepción do motivo heráldico do mosteiro de Oseira da fachada traseira, gran propietario na zona da parroquia de Labacengos ata o século XIX. Consta dunha fachada principal dividida en tres corpos por dúas franxas que ascenden para dar lugar a base da espadana de cemento, e dun tellado a dúas augas de uralita. No interior, o espazo divídese en dúas estancias, atopando na primeira dous sartegos medievais que flanquean a entrada, conservada da obra do século XVIII, á segunda estancia, na que atopamos un retablo propio do barroco final tamén do XVIII, no que destaca a variedade estatuaria de gran calidade.
Dise que alí acoden cada maio os enfermos dos ósos para someterse ao ritual dos sartegos que lles pode dar alivio. Consiste en que os doentes se deiten nalgún dos dous sartegos antropomorfos de época baixomedieval que se conservan no interior da capela, cerimonia que se debe completar coas ofrendas e misas correspondentes.
Cóntase que o ritual xa se practica desde o século XV, aínda que a capela pode ter orixe no XVIII e foi horriblemente reformada na segunda metade do século XX.
Campás 1 campá.
Autor
  • galiciaencantada.com [https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=13&id=3037] (01-08-2025)
  • MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (02-08-2025)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (06-08-2025)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    CORRAL, MartaAlicia Aneiros, sepulturera en Ferrolterra: “Quiero que me entierren como toda la vida, en caja, y si se puede, con rosas de cualquier color”2025
    1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 06-08-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.BLANCO, EMILIO (XUBIA)18785072

  • Ficha reducida (PDF)
  • MOECHE: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 14-05-2026

    Connectats: 58 Visitants: 58 Usuaris: 0