

| | Data de construción |
Século XIII. |
|---|
| Descricion |
A Igrexa de Santiago de Taboada é unha obra románica do século XIII. Posúe planta rectangular, con canzorros e unha gárgola, e remátase nunha espadana con dous vans. Na súa portada principal, de dobre arquivolta, presenta un conxunto formado por catro columnas con capiteis vexetais e animais, amosando no tímpano unha escena na que se representa a loita de Sansón contra o león. En canto á ábsida, tamén conta cunha interesante ventá románica.
No contorno do templo pódense apreciar elementos de notable interese como o cruceiro, o sarcófago antropoide, a escultura do Apóstolo Santiago ou o monumento ao peregrino descoñecido, situado na área de lecer próxima.
Esta igrexa románica atópase no Camiño do Sueste a Compostela ou Vía da Prata, a pouco máis dun quilómetro da Ponte Taboada. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorXandlinathry (Patrimoniogalego.net) (06-11-2011) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-07-2025) |
|