Inventario de campás
Igrexa de Santa Mariña de Lagostelle - GUITIRIZ (GALICIA)
Referencia 14811
Lugar de Santa Mariña, s/n.
27309 GUITIRIZ
Referencia 14811
Lugar de Santa Mariña, s/n.
27309 GUITIRIZ


Data de construción Século XIX.
Descricion Edificación do ano 1897 feita sobre unha anterior adicada á Virxe do Carme. O que hoxe podemos ver é unha reconstrución feita despois dun incendio oocurrido no ano 1950.
Construída en cachotaría e cantaría irregular granítica, esta igrexa presenta planta rectangular cunha soa nave con cuberta a dúas augas. Nos esquinais da mesma vemos dúas pequenas cruces pétreas a xeito de pináculo.
A fachada principal presenta porta lintelada e, sobre ela, unha fiestra. O conxunto remata cunha espadana dun so oco que remata cunha cruz pétrea na cimeira e dúas puntas de diamante nos laterais.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-07-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | SANTA MARIÑA | PORTILLA, HERMANOS | 1987 | 50.00 | 72 |