
| | Descricion |
Igrexa moi reformada. Presenta unha nave rectangular, cuberta a dúas augas en lousa. No frontis ten unha torre campanario con pórtico dentro da nave formado por dous piares que a sosteñen, catro troneiras e cimacio. O presbiterio ten case as mesmas proporcións ca nave, con piso máis elevado e cuberta a catro vertentes. A sancristía está acaroada ao lenzo lateral sur, con acceso directo. No interior o retábulo maior e sinxelo, salientando as imaxes do Salvador, Cristo, bustos do Pai Eterno e de San Pedro e San Paulo, todos da primeira metade do século XVIII. Ten outros dous retábulos laterais, de factura moi sinxela, coas imaxes de Santa Lucía do ano 1540, San Pedro e San Paulo e o Santo Anxo da Garda. Custodia un cáliz de prata repuxada, outro cáliz de prata cicelado e un copón do mesmo metal. Adro cemiterio ao redor. |
|---|
| Campás |
1 campá. |
|---|
| AutorMOURE, Xabier (Patrimoniogalego.net) (13-01-2014) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-06-2025) BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-06-2025) |
|