Inventario de campás
Igrexa de San Lourenzo de Nogueira - MEIS (GALICIA)
Referencia 14777
Lugar do Seixo, 22.
36637 MEIS
Referencia 14777
Lugar do Seixo, 22.
36637 MEIS

Descricion A igrexa ten planta de cruz latina e nave de dous tramos, cuberta con bóveda de canón. Arcos faixóns de medio punto que apoian sobre pilastras separan cada tramo. Unha sancristía acaroada a capela maior cúbrese con bóveda de canón transversal a nave, a capela conta con bóveda de aresta o e cruceiro cunha cúpula rematada nunha linterna octogonal con pináculo. A fachada é sinxela, con porta de arco de medio punto, e sobre ela un óculo circular. No lado dereito érguese a torre de campanario, de planta cadrada e rematada en cupuliña.
A destacar dous anxos tocando instrumentos que flanquean o acceso ao adro da igrexa máis un cruceiro no muro do mesmo a carón dos anxos.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 16-06-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | OCAMPO, HERMANOS | 1989 | 77.00 | 264 |
| Torre-campanario | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1940 | 90.00 | 422 |