Inventario de campás
Igrexa de San Mamede do Carballal - PALAS DE REI (GALICIA)
Referencia 14769
Lugar do Carballal, s/n.
27208 PALAS DE REI
Referencia 14769
Lugar do Carballal, s/n.
27208 PALAS DE REI


Descricion Edificio románico que foi reformado no século XIX. Ten unha planta rectangular formada por unha nave e un presbiterio rectangulares, de proporcións similares. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta a dúas augas. O pavimento interior está formado a partir de laxes de granito. O presbiterio e a nave sepáranse por medio dun arco triunfal de medio punto. Só conserva da fábrica románica a portada principal e unha portada no lateral dereito da nave, tapiada na actualidade. A portada principal ten dúas arquivoltas con moldura saínte de axedrezado, impostas con diferentes motivos xeométricos, e un par de columnas acodilladas con capiteis decorados con motivos zoomorfos e antropomorfos. O tímpano ten un lazo cruciforme semiinscrito nun círculo. A portada lateral dispón de dúas arquivoltas de baquetón, a exterior con ampla escocia protexida con franxa de billetes. No tellado da nave conserva un bo número de canzorriños.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-06-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Maior. | DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA | 1880 | 55.00 | 96 |
| Espadana | Menor. | ANÓNIMO (GALICIA) | 1806 | 55.00 | 96 |