Inventario de campás
Igrexa do Santo André do Castro de Beiro. - OURENSE (GALICIA)
Referencia 14752
Lugar do Castro, 8.
32980 OURENSE
Referencia 14752
Lugar do Castro, 8.
32980 OURENSE

Data de construción Século XIII.
Descricion A aldea de Castro de Beiro, no perímetro rural de Ourense, recibe o seu nome dun antigo castro; un asentamento prerromano sobre un promontorio que permitiría aos seus habitantes ter unha posición vantaxosa fronte a ataques. Sobre este promontorio atópase a igrexa parroquial de Santo André de Beiro, desde a que se aprecian unhas magníficas vistas da contorna. O templo encádrase dentro do denominado tipo “clásico” do románico galego, a principios do século XIII.
A porta da fachada principal consta dun arco de medio punto lixeiramente apuntado con decoración de xadrez. Nun chapitel represéntanse unha árbore e cinco aves, mentres que o seu oposto contén decoración vexetal. No tímpano, a pesar de non estar completo, aínda se distingue parte dunha cruz. Sobre a portada un tornachoivas adornado con bólas e sostido por varios canzorros de temas vexetais.
Tanto a fachada sur como o norte dispóñense de forma parecida: cunha porta con arco apuntado e tímpano liso. A cornixa está sostida por canzorros adornados con formas xeométricas.
A ábsida está centrada pola xanela de medio punto en cuxos chapiteis se representan temas vexetais. Cornixa sostida con canzorros xeométricos e nas métopas aparecen variacións de flores de catro pétalos.
Campás 2 caampás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 01-06-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 55.00 | 96 | |
| Espadana | Maior. | ANÓNIMO (GALICIA) | 1863 | 65.00 | 159 |