Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Domés - VEREA (GALICIA)
Referencia 14742
Lugar de San Martiño, 1.
32813 VEREA
Referencia 14742
Lugar de San Martiño, 1.
32813 VEREA

Descricion Igrexa dunha soa nave articulada por pilastras, traducíndose ó exterior en contrafortes e arco de triunfo de acceso ó presbiterio. O testeiro destaca en altura con pináculos nos ángulos. No interior retablo maior do século XIX con tallas populares. De maior importancia é o retablo da epístola, dun corpo e tres calles - a central resaltada con forneliña de medio punto-, distribuido por columnas corintias e estípites nos extremos. No ático releve haxiográfico de San Ramón. No mesmo muro figura outro retablo, que segundo unha inscrición: "Le mandó hacer en 1862 y pintar en 1863, el abad D. Francisco Carmen Álvarez". Preside a imaxe de San Benito. O altar do muro do Evanxeo data do 1850, segundo se indica no ático; nel reciben culto as imaxes da Virxe do Carme e San Blas.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 26-05-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | ANÓNIMO (GALICIA) | 50.00 | 72 | |
| Espadana | Maior. | CABANO | 1864 | 65.00 | 159 |