Inventario de campás
Igrexa do San Salvador de Ferreiros - A POBRA DO BROLLÓN (GALICIA)
Referencia 14632
Lugar de Ferreiros, s/n.
27335 A POBRA DO BROLLÓN
Referencia 14632
Lugar de Ferreiros, s/n.
27335 A POBRA DO BROLLÓN

Data de construción Século XII.
Descricion A igrexa parroquial de Ferreiros é románica, construída na segunda metade do século XII, con reforma posterior do frontis e da maior parte do alzado norte da nave.
Ten unha soa nave rectangular con cuberta a dúas augas. A ábsida é rectangular, máis estreita e máis alta que a nave, con arco triunfal de medio punto dobrado en aresta viva, que descansa sobre a parede divisoria mediante imposta de nacela. Hai unha ventaíña de arco de medio punto na cabeceira con acusado derrame interior.
A porta principal é de arco de medio punto adoelada. Na parte alta do frontis ten unha ventá rectangular. Coroa a fachada unha espadana. No beirado, os canzorros son lisos e xeométricos. Porta sur de medio punto oculto por un tímpano pentagonal sobre mochetas con motivos xeométricos.
No interior conserva algunhas esculturas barrocas do século XVIII: San Blas, Ecce Homo e a Inmaculada.
No fragmento esquerdo da cabeceira da nave pódense ver unhas pinturas murais que representan os misterios da Anunciación da Virxe do século XV ou XVI.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 30-03-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | BLANCO ISLA, MANUEL | 1892 | 49.00 | 68 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | PORTILLA, HERMANOS (GAJANO) | 1999 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | MALINGRE LAMAS-CARBAJAL, MANUEL | 1974 | 55.00 | 96 |