Inventario de campás
Igrexa de San Xoán de Noceda - O INCIO (GALICIA)
Referencia 14621
Lugar da aAirexe, 2.
27341 O INCIO
Referencia 14621
Lugar da aAirexe, 2.
27341 O INCIO

Data de construción Século XVI.
Descricion Edificada onde no seu día estaba o primitivo templo románico, sinxela nave con muros de laxa e cuberta a dúas augas, no lateral sur ten dúas ventáis e unha porta, mentres que no lenzo lateral norte foi levantada unha capela comunicada coa nave mediante unha amplia porta en arco de medio punto. Fronte realizado en boa sillería seguramente procedente da anterior obra, na porta de acceso arco de medio punto; espadana feita con posterioridade en bloque de granito con dous ocos para as campás e un terceiro para un campanil. Con acceso ó presbiterio a través dun arco triunfal. Altar maior barroco século XVII formado por dous corpos e varias tallas.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 24-03-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor | QUINTANA, CAMPANAS | 2010 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior | QUINTANA, CAMPANAS | 2010 | 60.00 | 125 |