Igrexa de Santa María do Monte - TRIACASTELA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María do Monte - TRIACASTELA (GALICIA)

Referencia 14596

Lugar do Monte, 22.
27634 TRIACASTELA


Descricion Orixe románica. Está revestida con morteiro de cemento, presenta unha composición de dous corpos. O adro está cuberta a dúas augas con lousa. Unha espadana de dous vans separa o adro da nave central. A nave central máis baixa que o nivel exterior, con cuberta a dúas augas. Presbiterio con arco de medio punto e ábsida con bóveda de cascarón. Ten unha nave lateral que se cubre coa prolongación da cuberta da nave principal con arquerías de medio punto. No testeiro, a sancristía. No interior pódese ver un retábulo barroco de dous corpos e columnas salomónicas coas imaxes de Santa María do século XVIII e San Xoán co Agnus Dei.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 12-03-2025

Autor
  • MOURE, Xabier (Patrimoniogalego.net) (17-03-2013)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (09-03-2025)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (09-03-2025)
  • 1 Foto

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorBLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)188755.0096
    EspadanaMaiorBLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)188760.00125