Inventario de campás
Igrexa do San Salvador de Toldaos - TRIACASTELA (GALICIA)
Referencia 14593
Lugar do San Salvador, s/n.
27639 TRIACASTELA
Referencia 14593
Lugar do San Salvador, s/n.
27639 TRIACASTELA


Descricion Igrexa e cemiterio están pechados por un muro pétreo e aos que se accede por unha porta coroada con arco de medio punto. O acceso principal á igrexa, orixinaria do século XII, está presidido por unha torre campanario de tres corpos. Na nave principal, cuberta a dúas augas, ábrese unha porta no lateral norte e o coro alto sitúase aos seus pés. O chan é de pedra caliza, conservándose pegadas de enterramentos. Un arco toral e outro triunfal, unidos por arcos forneiros, actúan como basamento ao ciborio cuberto a catro augas e rematado por unha cúpula ornamentada con molduras de volutas e pináculo con cruz. O presbiterio cúbrese con bóveda de canón no primeiro tramo e de cuarto de esfera na ábsida. No interior salienta o retábulo maior, cun Sagrado Corazón co relevo do Resucitado, o Salvador sedente, Santa Bárbara, San Antonio, Santiago peregrino, anxos, etc. Tamén hai outros retábulos a dereita e esquerda da nave.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 11-03-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Maior | BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS) | 1930ca | 0.00 | |
| Torre-campanario | Menor | ANÓNIMO (GALICIA) | 0.00 |