Inventario de campás
Igrexa de San Xurxo da Touza - TABOADELA (GALICIA)
Referencia 14552
Lugar de San Xurxo da Touza, s/n.
32691 TABOADELA
Referencia 14552
Lugar de San Xurxo da Touza, s/n.
32691 TABOADELA


Descricion Templo románico con engadidos barrocos, de planta rectangular coa ábsida menos elevada con respecto da nave que conta cunha sancristía lateral de notable tamaño.
Aquela protexese a través de unha cuberta a dúas augas, mentres que a sancristía gorecese baixo unha cuberta a tres vertentes. Os seus muros levántanse en perpiaño granítico de boa calidade en aparello de opus quadratum.
A fachada principal conta cun único oco, a porta de aceso, gorecida baixo un arco de medio punto enmarcado por unha chambrana axadrezada. Este arco, de orixe medieval, da lugar a un tímpano liso no que se realizaron unha serie de inculturas cruciformes de carácter popular.
Na cimeira, rematando en altura o conxunto, unha esvelta espadana de forma piramidal e dous corpos que acolle dous sinos na sección inferior, deixando libre o superior, dun só oco, que se amosa acompañado por pináculos e edículas ornamentais.
Neste templo conviven harmonicamente elementos románicos e barrocos. Entre os primeiros cabe sinalar á ábsida semicircular, de menor tamaño que a nave, que aínda conta con canzorros figurados soportando o tellado xunto a un conxunto de arcos lombardos que percorren perimetralmente a ábsida. Coroa a cumeira un Agnus Dei cunha cruz latina chantada no lombo, un elemento de clara filiación románica.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-02-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Maior | BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS) | 1921 | 0.00 | |
| Espadana | Menor | DE SOUTO, MANUEL | 1901 | 0.00 |