Inventario de campás
Igrexa de San Breixo de Seixalbo - OURENSE (GALICIA)
Referencia 14470
Praza da Igrexa, 1.
32970 OURENSE
Referencia 14470
Praza da Igrexa, 1.
32970 OURENSE


Descricion Situada no Camiño da Prata, a igrexa, de planta rectangular, é de orixe románica. Desta época consérvanse marcas de canteiro nos alicerces dos muros que dan ao cemiterio e nos canzorros dos aleiros. No século XIX sufriu unha profunda reforma que culminou no ano 1901 coa construción da actual fachada, obra de Vázquez Gulías, co esvelto campanario e reloxo. No interior salienta un arco de estilo mozárabe, copia ampliada do orixinal que había antes da reforma. A capela do San Roque data de finais do século XV ou principios do XVI. Sobre a entrada principal érguese un sinxelo coro de madeira. O retábulo maior ocupa toda a cabeceira e hai outros retábulos nos laterais da nave con varias imaxes, entre elas a de San Xoán Bautista cuxa festa se celebra no mes de xuño. Tamén hai unha copia da coñecida como “Virxe de Seixalbo”, da que o orixinal se atopa dende o ano 1931 no Museo da Catedral de Ourense. Nas inmediacións atópase o antigo hospital de peregrinos.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 26-01-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Maior | ANÓNIMO (GALICIA) | 0.00 | ||
| Torre-campanario | Menor | ANÓNIMO (GALICIA) | 0.00 | ||
| Torre-campanario | Mediana | RUIZ, JOSÉ | 1918 | 0.00 |