Inventario de campás

Igrexa de San Salvador de Solbeira de Belmonte - PADERNE DE ALLARIZ (GALICIA)

(Referencia: 14407)
Rúa da Igrexa, 14.
32112 PADERNE DE ALLARIZ


Data de construción Século XVIII.
Descricion A igrexa parroquial de San Salvador de Solbeira de Belmonte, presenta planta rectangular.
Foi construída en limpo perpiaño, perfectamente labrado e escuadrado. A fachada é moi sinxela.
A porta principal aparece decorada con pilastras de corte clasicista de fuste refundido que soportan ilusoriamente un alintelado formado por un arquitrabe e un friso liso. Sobre ambos disponse un orixinal motivo ornamental en forma de frontón semicircular curvo que presenta un orixinal quebramento xeométrico no seu segmento mais elevado.
Xusto sobre o lintel da porta topamos cunha cuncha de bivalvo aberta, motivo ornamental ao que suceden en altura e en progresión ascendente unha fornela, unha xanela rectangular, e xa no seo cumial, unha espadana de dous corpos.
Os extremos deste corpo central aparecen definidos por xigantescas pilastras adosadas que rematan nuns orixinais pináculos xeométricos en forma de floreiros. O fermoso e proporcionado corpo de campás confírelle á fachada un notable empuxe vertical que non fai outra cousa que realzar a súa ben dimensionada estética barroca.
O ciborio do templo proxéctase en altura por medio do seu peculiar tellado a catro augas, cuberta fermosamente decorada por un pináculo de bolas en cada unha das esquinas que volve aparecer na cimeira, de onde parten cada unha das augas.
O interior, en liñas xerais máis interesante que o exterior, conserva aínda cuberta en madeira e chan estrado de granito. A bóveda da ábsida é de canón corrido con arcos de medio punto.
O templo conta tamén con unha tribuna traballada en madeira que aparece sustentada por un par de columnas en granito.
O templo foi levantado no ano 1789, tal como proba o epígrafe que mostra a súa fachada, posiblemente onde antes estaba a capela de Santa Bárbara, que se reutilizou para facer a sancristía, e que fora cedida polos Condes de Belmonte ao pobo.
Campás 2 campás.
Autor
  • GAVILANES67 (PATRIMONIOGALEGO.NET) (11-11-2012)
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (09-12-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-12-2024)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 20-12-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorBLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)19135072
    EspadanaMaiorBLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)192160125

  • Ficha reducida (PDF)
  • PADERNE DE ALLARIZ: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 18-05-2026

    Connectats: 149 Visitants: 149 Usuaris: 0