Inventario de campás
Igrexa de Santa María da Ermida - QUIROGA (GALICIA)
Referencia 14091
Lugar da Ermida, Quiroga.
27329 QUIROGA
Referencia 14091
Lugar da Ermida, Quiroga.
27329 QUIROGA

Data de construción Século XVII.
Descricion Edificio do século XVII, construído sobre un primitivo asentametno castrexo. A nave lateral é do primeiro terzo do século XVIII. Sancristía pegada ao lado norte do presbiterio. Capela maior cuberta a catro vertentes con tellados de lousa. Muros de cachotaría e campanario dun só corpo. No interior retábulos coa imaxe da Nosa Señora da Ermida, pequena escultura pétrea de orixe descoñecida, posiblemente do século XIII; outras tallas dos séculos XVI a XVIII.
Crese que no mesmo lugar había unha primitiva ermida paleocristiá. Proba disto teriámolo na existencia de basas e placas de mármore no interior da igrexa. Cómpre salientar que neste emprazamento foi atopada unha peza única en Galiza, datada na fin do século IV, o denominado como o Crismón de Quiroga; trátase dunha peza de mármore co anagrama de Cristo entre as letras alfa e omega e cunha inscrición en latín na marxe que recomenda renunciar aos bens materias, hoxe en día custódiase no Museo Diocesano de Lugo.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 08-09-2025
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| RAMUDO, José Luis | Dos adolescentes aprenden a tocar la campana de una iglesia de Lugo para que no muera el oficio | 2024 | |
| RIVERA, Javier | Una escuela de campaneros en Quiroga | 2024 |
| Persoa | Vídeo | Data | Duración |
|---|---|---|---|
| RODRÍGUEZ JATO, ANTONIO | Toque pola morte do Papa Francisco | 07-09-2025 | 00:56 |
| RODRÍGUEZ JATO, ANTONIO | Toque polo anuncio do novo Papa. | 07-09-2025 | 00:43 |
| RODRÍGUEZ JATO, ANTONIO | Repique pola procesión dos Remedios da Ermida, Quiroga (Lugo). | 08-09-2025 | 03:43 |
| ASOCIACIÓN CULTURAL CAMPANEIROS DE GALICIA | Obradoiro de toque de campá. | 28-09-2025 | 14:56 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | CABRILLO MAYOR, JOSÉ | 1944 | 61.00 | 131 |
| Torre-campanario | Maior. | CABRILLO MAYOR, JOSÉ | 1944 | 69.50 | 194 |