Inventario de campás

Igrexa de San Martiño de Prado - FRIOL (GALICIA)

(Referencia: 13908)
Lugar do Prado de Arriba, s/n.
27227 FRIOL


Descricion Igrexa de orixe románica ou tardorrománica con sucesivas reformas na época barroca, sobre todo no século XVII. Está construída en sillería granítica regular. A cuberta é de lousa e a dúas augas. No exterior, a porta principal é alintelada, pero os ecos románicos obsérvanse no arco de medio punto tapiado sobre impostas e xambas lisas. Sobre a porta ábrese unha ventá alintelada. O conxunto da fachada remata en aleróns curvos no tellado e nunha espadana con dous vans para as campás e un terceiro van superior. Os remates decorativos resólvense con pináculos de perfil curvo típicos do barroco. Na porta sur tamén se aprecian restos románicos no lintel pentagonal decorado cun entrelazo cruciforme moi erosionado. Igualmente son románicos os canzorros, case todos eles ornamentados con motivos xeométricos, algúns con rollos, e un, situado no muro sur, debeu ser figurativo, pero está moi deteriorado. Tamén no exterior, fronte á fachada, consérvase, aínda que roto e sen a tapa, un sartego antropomorfo medieval.
No interior, a fábrica románica consérvase en parte das naves e nas columnas sobre as que se alza o arco triunfal. Estas columnas teñen o fuste liso e decoración vexetal moi estilizada nos capiteis. Para Yzquierdo Perrín, estes capiteis son máis propios do gótico, e de feito sitúa este exemplo no primeiro cuarto do século XIII, cando do románico só perduraban os seu ecos.
A capela maior, segundo consta na inscrición, foi restaurada en 1696. Os retablos laterais son barrocos, do século XVIII.
Campás 2 campás.
Autor
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-07-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (09-07-2024)
  • Naralliensis, terrasdefriol.blogspot.com [https://terrasdefriol.blogspot.com/2009/01/igrexa-de-san-martio-de-prado.html] (22-07-2024)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 23-07-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)19015072
    EspadanaMaior.BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)190160125

  • Ficha reducida (PDF)
  • FRIOL: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 09-05-2026

    Connectats: 65 Visitants: 65 Usuaris: 0