Igrexa de San Xiao de Carballo - FRIOL (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Xiao de Carballo - FRIOL (GALICIA)

Referencia 13881

Lugar do Carballo, s/n.
27228 FRIOL



Web

Descricion A exuberancia ornamental da igrexa de San Xiao do Carballo é unha proba do cariño co que foi tratada polos veciños, quen mediante doazóns foron dotando ó conxunto dunha rechamante riqueza en imaxinaría e en decoración pictórica. Aínda que a maior parte das intervencións son xa tardías, do S.XIX, o resultado é bastante sorprendente. Proba disto son as pinturas do teito da capela lateral esquerda, pintada no ano 1865, segundo consta no rótulo do tímpano de madeira no arco de acceso. As pinturas, feitas sobre madeira, representan ó tetramorfos cos seus correspondentes símbolos. Os evanxelistas parecen habitar un espazo metafísico, propio de quen permanece baixo inspiración divina. Están pousados sobre nubes e sobre fondos dourados, recurso que, ademais de dotar ó ambiente dunha aparente riqueza, foi habitual na arte cristiá para aludir á intemporalidade, á negación dos espazos cuantificables e, en definitiva, ó sobrenatural.
A calidade das pinturas tal vez sexa mediocre, pero non se lle pode negar un encanto un tanto "naif". A parte central presenta un traballo de carpintaría que recolle os xa afastados ecos do rococó.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 10-07-2024

3 Fotos

Autor
  • terrasdefriol.blogspot.com [https://terrasdefriol.blogspot.com/2009/05/igrexa-de-san-xian-de-carballo-interior.html] (2009)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-07-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (09-07-2024)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.ANÓNIMO (GALICIA)184150.0072
    EspadanaMaior.CAGIGAL PEREDO, JOAQUÍN DE181660.00125