Inventario de campás
Igrexa de San Xoán de Arroxo - BARALLA (GALICIA)
Referencia 13834
Lugar de Arroxo, 10.
27687 BARALLA
Referencia 13834
Lugar de Arroxo, 10.
27687 BARALLA


Descricion Igrexa dunha soa nave, cuberta a dúas augas sobre madeira con tres vigas tirantes. Frontal con porta de arco rebaixado, con espadana de tres ocos (para tres campás, dúas semellantes e unha máis pequena), baixo a que está un reloxo, característica distintiva do resto de igrexas parroquiais do concello, xa que o feito de posuír reloxo a diferencia notablemente (feito que incidira mesmo na creación dunha copla alusiva ó reloxo), e a asemella, por exemplo, á de Penarrubia.
Presbiterio máis elevado e máis saínte no lateral norte, con arco triunfal de medio punto e teito de barrotes a catro planos, que recibe luz por dous ventanos en forma de óculo.
Conta cun retablo maior e dous laterais. O primeiro deles é de época neoclásica, con imaxes de escaiola. Os dous restantes, do santo Cristo o da esquerda e da Virxe, neogótico o da dereita, con dúas tallas do XVIII, Santa Lucia e San Xosé.
Na sancristía, no lateral sur, baixa e a unha auga, hai dúas tallas policromadas do XVI, san Xoán e san Roque.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 03-06-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | DÍEZ SANTAMARÍA, MOISÉS | 19?? | 45.00 | 53 |
| Espadana | Mediana | BLANCO LEMOS, ANTONIO | 19?? | 60.00 | 125 |
| Espadana | Maior | DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA | 1900 | 65.00 | 159 |