Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Forcarei - FORCAREI (GALICIA)
Referencia 13832
Rúa Secundino Cortizo, 16.
36550 FORCAREI
Referencia 13832
Rúa Secundino Cortizo, 16.
36550 FORCAREI

Data de construción Século XVIII.
Descricion Na freguesía que acolle a capitalidade do concello pódese ollar o templo parroquial, obra de finais do século XVIII, executada polo mestre de cantería Pedro Varela e mailo mestre asentador Pedro Gutiérrez. A súa planta é de cruz latina, pero no brazo dereito levouse a cabo unha ampliación proxectada polo arquitecto Javier García Santoro no ano 1961. A ábsida presenta forma cuadrangular e as cubertas son de bóvedas aristadas de pedra. A fachada é de estilo neoclásico, cunha porta de medio punto sobre a cal se asenta unha fórnice coa imaxe da Virxe. Do frontón partido arranca a torre do campanario, cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, rematada nun cupuliño de nervios.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 02-06-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1925 | 70.00 | 199 |
| Torre-campanario | Maior. | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1898 | 90.00 | 422 |