Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Caleiro - VILANOVA DE AROUSA (GALICIA)
Referencia 13803
Lugar de Caleiro, s/n.
36629 VILANOVA DE AROUSA
Referencia 13803
Lugar de Caleiro, s/n.
36629 VILANOVA DE AROUSA


Descricion Edificación relixiosa do século XII de estilo románico, con planta e cruz latina e cuberta a tres augas. Presenta capelas laterais adosadas e torre campanario en posición lateral.
Do seu estilo románico só se conserva a ábsida semicircular (que destaca pola súa colección de canzorros de influenzas visigóticas), e restos dos muros da nave que foi transformada coa adición da Capela do Cristo dos Crespo no muro setentrional no ano 1588, e coa construción da capela do Carme.
De época románica tamén é a porta da fachada occidental, con arquivolta en boquetón de medio punto apoiados en pedras graníticas impostadas no muro, con figuración humana y floral moi erosionada e de difícil lectura.
O interior presenta bóveda de canón de dous tramos.
A Capela do Cristo dos Crespo, adosada ao corpo principal, foi creada por Pedro Otero. Presenta planta rectangular e bóveda de crucería con lacería, e arco triunfal con medallóns ao estilo do Renacemento compostelán de Gil de Hontañón e Jácome García.
Nos esquinais podemos ver as imaxes de San Agustín, San Ambrosio, San Gregorio Magno e San Xerónimo.
Dúas fornelas acollen as representacións de Pedro de Otero e a de Cristo crucificado.
No chan se conserva a lauda de Pedro de Otero, coa representación das cinco chagas de Cristo.
A Capela do Carme, do ano 1906, de construción sinxela e cuberta con bóveda de aresta enlucida.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 23-05-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | OCAMPO, MELCHOR; OCAMPO JOSÉ | 1898 | 80.00 | 296 |
| Torre-campanario | Maior. | OCAMPO, MELCHOR; OCAMPO JOSÉ | 1898 | 94.00 | 481 |