Inventario de campás
Igrexa de San Nicolao de Mosteirón - SADA (GALICIA)
Referencia 13700
Lugar da Esperela, s/n.
15168 SADA
Referencia 13700
Lugar da Esperela, s/n.
15168 SADA


Data de construción Século XIX.
Descricion Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave cunha capela de menor altura acaroada ó muro sur da nave. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco, e cantería á vista ó redor dos ocos. A cuberta fórmase a dúas augas sobre a nave e sobre a capela, con chapa de fibrocemento.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un oco semicircular e, rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos. Ao primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para alberga-las campás. O segundo corpo fórmao un frontón curvilíneo sobre cornixa, cun óculo e remate superior mediante pináculo e cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-03-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA | 1895 | 45.00 | 53 |
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1995 | 65.00 | 159 |