Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Cabanas - O VICEDO (GALICIA)

(Referencia: 13697)
Lugar da Igrexa, 5.
27868 O VICEDO


Data de construción Século XIV.
Descricion Igrexa de planta rectangular, fabricada con muros de cachotería graanítica e pizarrosa rebocada de cal con sillería nas partes máis nobres, cuberta a dúas augas de pizarra na nave.
Construída por orde do bispo de Mondoñedo e custeada por Fernán Pérez de Andrade, non se sabe con exactitude cando comezaron as obras (crese que no ano 1392) nin cando remataron, aínda que si hai constancia de que, ao menos no ano 1446, xa estaba en plena actividade tal como se desprende dun documento no que se le: “Fernán López, clérigo de Santa María de Cabannas”. Da obra oxival só queda a nave cos brasóns dos Andrade, así como un xabaril (símbolo da mesma familia) situado nun ángulo do aleiro do pórtico cunha cruz lobulada no lombo. O adro e o campanario adosado ao frontis datan do século XVIII. No interior, capela maior con cúpula semiesférica, arco triunfal de medio punto, pía bautismal oxival e retábulo maior salomónico, tamén do século XVIII. É de destacar o escudo que hai no tímpano da portada coa inscrición “+ ER(N)ANDO P(ERE)S/DANDRADE MANDOU FAZ/ER C(OA) S(UA) AJU(DA)” que, xunto co de Riobarba, constitúen dúas importantes testemuñas de tímpanos heráldicos dada a súa pouca frecuencia en Galiza.
Campás 3 campás.
Autor
  • MOURE, Xabier (Patrimoniogalego.net) (20-01-2013)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-03-2024)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 14-03-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    CampanilCampanilANÓNIMO (GALICIA)17674037
    Torre-campanarioMenor.MANCHADO, JACINTO199766166
    Torre-campanarioInmaculada ConcepciónMANCHADO, JACINTO199779285

  • Ficha reducida (PDF)
  • O VICEDO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 09-05-2026

    Connectats: 108 Visitants: 108 Usuaris: 0