Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Vilamane - BECERREÁ (GALICIA)
Referencia 13678
Lugar da Airexa, 1.
27663 BECERREÁ
Referencia 13678
Lugar da Airexa, 1.
27663 BECERREÁ


Descricion Illada do núcleo de poboación, está situada sobre un outeiro. Nave de planta rectangular cuberta en lousa a dúas augas. Os muros son de cachotaría calcaria e lousa. No lateral norte ten unha porta de acceso protexida por un cabido soportado por unha columna. O presbiterio é máis amplo e elevado ca nave, está cuberto en lousas a catro augas, cun arco triunfal de medio punto e bóveda de canón. Frontis con porta alintelada, óculo, espadana de dous vans e cimeira con volutas.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 02-03-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | ANÓNIMO (GALICIA) | 50.00 | 72 | |
| Espadana | Maior. | DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA | 1884 | 60.00 | 125 |