Igrexa de San Xusto de Repostería - PALAS DE REI (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Xusto de Repostería - PALAS DE REI (GALICIA)

Referencia 13676

Lugar de San Xusto, 25.
27205 PALAS DE REI


Web

Descricion Esta edificación comeza a construirse na segunda metade do século XII (no ano 1170) con posteriores reformas e engadidos ao longo dos séculos seguintes (como a ábsida e a sancristía que son do século XVIII).
Realizada en cantaría granítica, posúe planta rectangular dunha soa nave e cuberta a tres augas.
Na súa fachada principal podemos ver unha porta de aceso de época románica, de dobre arquivolta con arco de medio punto e columnas acodadas, e capiteis con motivos vexetais.
Por riba da porta vemos un tímpano no que aparece gravado unha cruz de oito brazos inscrita nun círculo (posiblemente un Crismón Trinitario).
A fachada remata cunha espadana dun so oco, con pináculos de bola e cuz pétrea de remate.
Outro elemento de época románica que podemos ver nesta igrexa é a súa colección de canzorros historiados.
No interior destaca o arco triunfal, de medio punto en aresta, do século XVIII.

Campás 1 campá.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 01-03-2024

1 Foto

Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (22-04-2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-02-2024)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-02-2024)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.TABOADA PORTAS, FIDEL (MONEIXAS)197045.0053