Inventario de campás
Igrexa de San Lourenzo de Suar - PARADELA (GALICIA)
Referencia 13673
Lugar de Suar, s/n.
27611 PARADELA
Referencia 13673
Lugar de Suar, s/n.
27611 PARADELA

Descricion A igrexa parroquial conserva elementos da súa primitiva fábrica románica, da segunda mitade do século XII. Sufríu transformacións importantes. Da primitiva construción só se conservan a portada e o arco triunfal. O templo actual érguese sobre planta rectangular, cuberta a dúas augas na nave e a catro no presbiterio, sobre armadura de decorado. Arco de medio punto formado por dúas arquivoltas de baquetón. Dous pares de columnas soportan as arquivoltas e presentan fustes monolíticos, plintos lisos e capiteis vexetais con dous corpos de follas en bolas e volutas. O arco triunfal é de medio punto. Ten gran riqueza ornamental. Sobre o muro testeiro da nave áchase unha cruz de pedra con inscricións, que parece que procedía da primeira espadana, remprazada pola actual barroca con singular frontón curvo partido por un pináculo.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 25-02-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | BLANCO LEMOS, ANTONIO | 19?? | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | BLANCO LEMOS, ANTONIO | 19?? | 65.00 | 159 |