igrexa de San Pedro de Tortes. - BECERREÁ (GALICIA)

Inventario de campás

igrexa de San Pedro de Tortes. - BECERREÁ (GALICIA)

Referencia 13634

Lugar de Eixibrón, 1.
27647 BECERREÁ



Descricion Trátase dunha igrexa con planta de cruz latina construída en cachotaría de lousa, agás nos esquinais que son de cantaría. O cemiterio distribúese ao seu redor. Ten unha nave cuberta a dúas augas con tellado de lousa sobre armadura de madeira con catro vigas tirantes. Tanto a nave coma o presbiterio presentan bóvedas de canón. As capelas laterais están máis elevadas ca nave. O frontis está formado por unha rexa torre cadrada de dous corpos, o inferior fai de pórtico e o superior é o campanario cunha seteira en cada lateral.
Do Vía Crucis que había só se conservan dúas cruces enteiras é unha partida, feitas de pedra, situadas no adro que pecha a igrexa.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 31-01-2024

Autor
  • MOURE, Xabier (Patrimoniogalego.net) (19-01-2013)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (27-01-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (28-01-2024)
  • 2 Fotos

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.ANÓNIMO (GALICIA)183250.0072
    Torre-campanarioMaior.BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)100.00579