Igrexa de Santa María de Ombre - PONTEDEUME (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Ombre - PONTEDEUME (GALICIA)

Referencia 13622

Lugar do Viso, s/n.
15609 PONTEDEUME



Data de construción Século XVIII.

Descricion Construído no século XVIII, este templo de planta rectangular presenta "dous corpos rectangulares engadidos a ambos os dous lados da cabeceira e un terceiro, que funciona como sancristía, engadido ao muro meridional da nave. Os seus muros son de carga, cunha cuberta a dúas augas en cada un dos corpos e catro no correspondente ao presbiterio, todos eles con cubrición de tella curva. Interiormente, os espazos da nave e do presbiterio delimítanse por un arco triunfal. O presbiterio posúe maior altura cá nave, o que transluce un desexo efectista de remarcar o seu sentido relixioso, e cóbrese por medio dunha bóveda de aresta, mentres que a estrutura aérea da nave resólvese nunha bóveda de canon. No seu interior ábrense fomelas coa función de acubillar diferentes imaxes relixiosas. Os muros preséntanse revestidos e pintados de branco, agás esquináis e recercado de ocos, que presentan granito visto. Cara o exterior, o edificio posúe unha rica volumetría, proveniente das diferenzas que presentan cada un dos seus corpos. A ornamentación concéntrase na fachada principal, revestida e branqueada, agás esquináis e recercado de ocos. Nela, e no seu eixo vertical central, superpóñense unha porta rematada en arco de medio punto, unha ventá rectangular e, interrompendo a comixa, unha espadana de dous ocos rematada en pináculos con bola. Todos os elementos estrutúranse en razón da busca da simetría que abarca todo o conxunto."

Campás 2 campás.

Autor
  • PXOM de Pontedeume (27-05-2016)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-01-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (22-01-2024)

  • 3 Fotos

    Fichas das campás


    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 25-01-2024


    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorQUINTANA, CAMPANAS197755.0096
    EspadanaMaiorOCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)195265.00159