Igrexa de San Tomé de Filgueira - PALAS DE REI (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Tomé de Filgueira - PALAS DE REI (GALICIA)

Referencia 13619

Lugar de Filgueira, s/n.
27200 PALAS DE REI


Descricion Igrexa sinxela de construción popular. A nave é rectangular, con presbiterio na cabeceira, de planta tamén rectangular, ao que se pega no lateral esquerdo a sancristía de pequenas dimensións. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta a dous e tres augas. O pavimento da nave é de laxas de granito. Á nave accédese dende unha portada principal e outra no lateral dereito, ambas as dúas alinteladas. O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de aresta, e aos pés da nave hai un coro alto con piso de madeira. Só conserva un retablo moderno na capela maior.

Campás 2 campás.

Autor
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (18-01-2024)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (18-01-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (19-01-2024)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 22-01-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.ANÓNIMO (GALICIA)40.0037
    EspadanaMaior.LINARES, VIUDA DE CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO)195360.00125