Inventario de campás
Igrexa de San Cibrao de Bribes - CAMBRE (GALICIA)
Referencia 13555
Rúa do Mosteiro, 21.
15659 CAMBRE
Referencia 13555
Rúa do Mosteiro, 21.
15659 CAMBRE


Data de construción Século XVIII. Reconstruída doutra máis antiga.
Descricion Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía apegada ó muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, agás a fachada feita con boas pezas de cantería á vista. A cuberta realízase a tres augas ó igual co corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella curva do país.
A fachada de traza sinxela, de forma pentagonal e dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular adovelada. Sobre o ingreso vai un óculo que ilumina o coro e debaixo deste, unha pedra coa inscrición: “AÑO D 1778”. Rompendo o vertice da fachada unha base para unha espadana dun corpo composto de dous arcos de medio punto sobre piares moldurados que serven pra aloxa-las campás. Remata este corpo por un frontón triangular coroado por unha cruz octogonal de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 18-12-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1896 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1896 | 60.00 | 125 |